domingo, 25 de outubro de 2015

Un guerreiro ao carón do Miño

Xa comentamos que Galicia está ateigada de tesouros agochados dos tempos do megalitos ou castros. A nova desta semán foi o achádego no Castro de Santa Tegra da cabeza dun guerreiro castreño. Aquí podes ler a nova completa...

mércores, 14 de outubro de 2015

Viaxe á illa dos mortos

Xa avanzamos algo sobre o desleixo e descoñecemento dos galegos polo seu patrimonio. Os campos do Megalitismo son paisaxe en estado puro. Son o noso territorio mais mítico, as nosas "carreteras" e GPS da antiguidade remota, os nosos santuarios e necrópolis, as nosas referenzas e alicerces de hai 5.000 anos, .lugares que poderían seren unha atración turístico-cultural de primeiro nivel, mesmo internacionalmente: Das pedras tamén se come, e senon que llelo pregunten aos vecinos de Carnac ou Stonehenge.   

E si vos interesa esta etapa mítica da Galicia non deixedes de ver este extraordinario video persoal de Manolo Gago: "Viaxe á illa dos mortos". 

martes, 13 de outubro de 2015

Os mouros

Deixovos aquí un traballo sobre os Mouros de Natalia Porca, alumna de fai un par de anos hoxe flamante estudante de Comunicación Audiovisual en Compostela e xa case unha cineasta:

venres, 9 de outubro de 2015

Viaxe ao pasado

O outro en dia miramos en clase un filme -que considero extraordinario- no que pretendía ilustrar cómo as veces o que temos diante dos ollos pode conter o noso mais remoto pasado, neste caso as antigas comunidades agrarias. Faciámolo coa proxección de O carro e o home”, a biografía dunha tecnoloxía fundamental do agro galego, deseñado sen cravos ou puntas de ferro. Un exemplo no que puiderades entender que podemos traballar sobre o pasado a partires do presente. O dia da proxección Juan Carlos Martín Vez protestou porque non escoitaba ben o audio. Aí vai de novo para que o visualicedes na vosa casa ou nos móbiles e mesmo compartir en redes sociais esta peza clásica do cinema galego..



E se alguén quere entender a miña teima por este filme, pode ler aquí unha entrevista de fai un par de días no que explico un pouco mais  polo miúdo o por qué...


martes, 6 de outubro de 2015

Rumbo a Eirín

O historiador e novelista Xoán Bernardez Vilar escribiu en "Ouveade naves de Tarsish¡" unha epopeia marina sobre os primeiros intercambios comerciais entre fenicios e os primitivos habitantes de Galicia (Oestrimnios e Saefes). Aquí tes un fragmento no que narra a chegada do barco do protagonista (Fiomn) ao peirao fenicio de Bares antes de tirar rumbo norte cara Eirín (a actual Irlanda) alá polo século V AC.


"Fiomn gardouse de facer nengún comentario. Aínda lle estaban a tremer as pernas. E custoulle agabear logo ao mastro a desvelexar de novo, para poder seguir a aproveitar o vento. Pero xa podía dicir que pasara os Aguillóns. E polo medio. Cousa da que non todos os mariñeiros se podían gabar. Ás súas costas a auga saía con forza pola fura que arrastraba o penedo que acababan de deixar atras.
Os aguillóns, antes de Bares
 A outra embarcación aínda non chegara ao extremo dos recifes. Eles seguiron avante. Mais o Roxo non tirou os ollos dela ata que a viu domear a longa liña. Chovía con toda cando alcanzaron o novo cabo. A luz era xa escasa. Desde o pé daqueles acantilados a costa cambiaba subitamente de dirección e recuaba cara o Sul. Ate Fiomnse decatou de que acababan de pasar o extremo norte da Ofiusa. Navegando nesta nova dirección embicaron un esteiro que se abría ao pé do cabo. Enseguida xurdiu diante deles o porto, (de Bares) agochado polos montes e fechado por un impresionante dique de pedras.
Peirao fenicio de Bares
 As dúas embarcacións esbararon ao longo del e penetraron pola abertura que había no medio. Case non había luz para se orientar.  Eran bastantes os barcos que había a se bambear nas quedas augas do seu interior. Nas casas da praia había luces acendidas. Algúns homes baixaron ata ela cubertos polas súas corozas de palla, mentres eles afundían as súas proas na area, e axudáronnos a baixar a terra. 
Coroza de palla (1926)
   Aquela noite os homes de Abóbrigra durmiron en terra con bon lume e quentes.