martes, 29 de setembro de 2015

Ahi vai outra canción de artistas galegos


A illa dos mortos

Nesta semán na que andamos co asunto dos megalitos, mámoas e petroglifos, no xornal dixital Galicia Confidencial saiu un artigo que da conta dun dos xacementos mais interesantes e misteriosos da cultura megalítica galega: "a illa dos mortos"no Guidoiro Areoso (Illa de Arousa). Conservouse moi ben porque está aillado da poboación humana, unha auténtica necrópole prehistórica no medio do mar.. Se queredes ver unha entrada perfecta, un gran video, realizado sen orzamento ou medios, non deixedes de darlle ao clik a este gran traballo de Manolo Gago que vos vai situar deseguida nos tempos que estamos a relatar en clase.

sábado, 26 de setembro de 2015

Xa está nos cinemas "El desconocido"

Algúns manifestachedes en clase o interés por saber algo do cinema galego. Pois chegou o momento de demostralo. Dende hoxe está nas salas de cine un filme integramente rodado en Coruña, "El desconocido". Unha peli de acción, de tema moi actual e ritmo trepidante -ao estilo dos trhillers americanos- desas que de seguro vos molan. O seu director, Dani de la Torre é natural de Monforte de Lemos e o equipo de rodaxe é galego, mais por cómo filmaron este filme, ben podería estar feito en calquera estudio de Hollywood. Si algún ou algunha de vos vai vela, non estaría de mais de que deixara escrito aquí un  comentario sobre o que lle pareceu.
Polo momento aí vai o trailer...

xoves, 24 de setembro de 2015

Cova de Eirós, a Atapuerca galega.

Hoxe sae na Voz de Galicia a nova da publicación do primeiro libro sobre a Cova de Eirós (Triacastela, Lugo.) Xa falamos en clase da importancia deste excepcional xacemento paleolítico, onde se teñen topado numerosos restos materiais que acreditan a presenza de homes de Neandertal en Galicia, entre elas as primeras pinturas rupestres do noroeste peninsular, cunha antiguidade de 120.000 anos polo menos. A cova aínda agocha numerosos segredos por descubrir.  De calquera xeito a investigación centífica está ameazada pola actividade industrial dunha empresa segundo denuncian numerosos medios de comunicación. Aquí podes ver un teaser do documental que se está a producir sobre este espectacular xacemento das raíces de Galicia:


Teaser "Cova Eirós" 1 from Xose Varela on Vimeo.

martes, 22 de setembro de 2015

Galicia es una mierda?

Comezamos o  curso falando do que é Galica para vos; quixera propoñervos distintos xeitos de ver o noso pais dende diferentes puntos de vista. Principiamos por ista canción. Supoño que coñecedes  a estes mozos entre divertidos e retranqueiros que levan tocando dende o 2002 por toda a xeografía do país. Sen dúbida, un dos grupos rock mais singulares e provocadores do panorama  musical galego é Ataque Escampe (Aquí tedes unha completa web con videos, letras e cancións deste orixinal grupo galego ).


   Adxunto unha das cancións "xeneracionais" do grupo: "Galicia es una mierda". A súa música está pola rede...Qué vos parece..?. Sentides algo similar ou mais ben todo o contrario?

Benvid@s

Ola Bendid@s, á vosa páxina colectiva de Historia de Galicia... Un blog que pretende ser aberto, participativo e democrático. Xa podedes comezar a debullar a realidade galega e ferrolana e sorprender ao mundo có voso talento e imaxinación. Aquí tedes un pequeno manual que vos pode axudar a utilizar o Bloguer. E tamén un sinxelo video tutorial que tamén pode servos de utilidade.