martes, 23 de febreiro de 2016

Botadura de 4 cañoneros en Ferrol, a la que asiste Franco

Este reportaje se estrenó el 3 de Septiembre de 1945, no conserva todo el sonido pero en el podemos ver la botadura de cuatro cañoneros en Bazán a la que asiste Franco. Uno de ellos va con una bandera de la ciudad.

En caso de no poder visualizar el video, entra en el siguiente enlace: http://goo.gl/e5RRs6

luns, 22 de febreiro de 2016

"Que importa que nos maten se deixamos semente de vencer!"

Hoxe gustaríame falar dun dos persoeriros, que ao meu ver reflexa a fortaleza e a nobreza do noso pobo, que loitou pola súa ideoloxía e deu a súa vida en defensa dos seus compañeiros. É o caso de Xosé Ramón Reboiras Noia, máis coñecido como Moncho Reboiras, nado en Imo, concello de Dodro, o 19 de xaneiro de 1950 e falecido en Ferrol o 12 de agosto de 1975, foi un dirixente político da UPG.
Naceu no seo dunha familia que máis tarde se mudaría á cidade de Vigo. Tras recibir educación básica na súa aldea, Reboiras fixo o bacharelato en Teis namentres axudaba no Bar Noia que a súa familia rexentaba. Durante un breve período de tempo, traballou na construción e comezou a achegarse ao nacionalismo galego.

Matriculouse na Escola Técnica de Enxeñaría Industrial de Vigo. Reboiras desempeñou un papel activo nas reivindicacións dos estudantes naqueles anos. Foi un dos fundadores da revista Des...tornillo e formou parte do grupo cultural O Castro. En 1969 ingresou como militante na UPG.

Rematada a carreira, a Escola concedeulle unha bolsa para facer un traballo de especialización nos estaleiros Barreras. Por esta altura, en 1972, tivo lugar a "Folga de Setembro" onde Reboiras acada un papel importante como organizador.

Perdida a bolsa de estudos por esta razón, dedícase á loita política. Traballa en Álvarez de Vigo, o que tivo que abandonar por razóns de saúde. Mudouse entón para Ferrol, onde traballou en Astano e, posteriormente, na Coruña, onde entrou como obreiro no complexo fabril de Intelsa. Reboiras procedeu por este tempo, en nome da UPG, á organización da Fronte Cultural Galega.

Nos anos 1973 e 1974 foi un dos organizadores dos grupos sindicais. Promoveu o boicot ás eleccións do Sindicato Vertical en 1974, campaña que serviu tamén para o lanzamento do SOG (Sindicato Obreiro Galego) que, coa UTEG (Unión de Traballadores do Ensino de Galicia) xa constituída, conformou en pouco tempo a Intersindical galega, predecesora da actual Confederación Intersindical Galega (CIG). Por outra banda, foi un dos líderes do grupo sindicalista da Coruña, que editaba a revista Xerme.

Reboiras foi tamén, como membro do Comité Central e do Comité Executivo da UPG, un dos marcadores das directrices nese partido de inspiración marxista-leninista.

Participou, dentro da liña política definida pola UPG, nun grupo dedicado a dotar o partido de infraestruturas loxísticas, que incluía unha fronte armada que loitase contra a ditadura. Creouse un comando composto por un reducido número de persoas do que se fixo cargo Reboiras o 23 de febreiro de 1974. O escaso armamento do que dispuñan procedía do grupo portugués LUAR e adestraban no sur da provincia de Pontevedra. A primeira acción foi un atraco a un banco en Escairón

Tras ser identificado pola Garda Civil, permaneceu oculto por un tempo. Un día que se dirixía a Ferrol, onde se estaba a organizar a UPG, a Brigada Político Social (BPS) estabeleceu na noite do 11 de agosto de 1975 un control no barrio de Canido. Ás 2 da mañá numerosos efectivos da BPS, acompañados de máis de 300 axentes da Policía Armada acordoaron o edificio onde se atopaba organizando un próximo ataque armado con dous militantes máis, Elvira Soutoe Xan Carballo, que grazas á intervención de Reboiras –o único que estaba armado- lograron fuxir. Ao cabo de dúas horas a policía deu alcance a Reboiras no portal do número 27 da rúa da Terra, e disparáronlle varios tiros, un deles na caluga, segundo información médica. A partir dese momento desátase un amplo operativo en toda Galiza que remata coa detención de varios militantes nacionalistas e o exilio a Portugal (xa triunfara a Revolución dos caraveis en abril de 1974) dun gran número de membros da UPG.

Está soterrado no cemiterio parroquial de San Xoán de Laíño, no concello de Dodro.

Todos os anos faíselle unha homenaxe na rúa onde morreu(deíxovos unha imaxe dela)